UNIVERSIDAD

Un estudo afonda no papel da educación na mocidade

Xosé Manuel Cid e Deibe Fernández-Simo son os autores da publicación.
photo_camera Xosé Manuel Cid e Deibe Fernández-Simo son os autores da publicación.
Este volume dalle continuidade á liña de investigación aberta por Deibe Fernández-Simo durante a realización da súa tese de doutoramento

n n n "Adolescencias invisibles. A educación social nos camiños do empoderamento" é título dunha nova publicación asinada polos profesores da Facultade de Ciencias da Educación de Ourense Deibe Fernández-Simo e Xosé Manuel Cid. O seu obxectivo é visibilizar a importancia da educación social para que rapazas e rapaces en dificultade social "acaden uns dereitos, unha certa igualdade de oportunidades co resto da mocidade".  

Este volume dalle continuidade á liña de investigación aberta por Deibe Fernández-Simo durante a realización da súa tese de doutoramento, dirixida por Xosé Manuel Cid e na que abordou os itinerarios persoais, académicos e laborais de menores en protección e a intervención socieducativa con eles. Segundo explica, a publicación céntrase agora "en como desde a educación social podemos facilitar os camiños de cara a emancipación de aquela adolescencia que está en maior dificultade". Cando no libro se fala de adolescencia invisible, detalla o investigador, "falamos daquela adolescencia cando aparece o fai habitualmente mediante estigmas".

Te puede interesar