Universidad

Expertos do grupo Gen ven "lonxe" a recuperación das exportacións

Universidad

Universidad

Expertos do grupo Gen ven "lonxe" a recuperación das exportacións

O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o Campus polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), publicou os datos do seu último Barómetro Exportador de Galicia (Baexga). A análise feita polos expertos sobre as exportacións en decembro de 2020 amosa "un crecemento das exportacións galegas dun 6,8% con respecto o mesmo mes de 2019. Un valor considerablemente superior ao rexistrado polo conxunto de España, que aumentou un 0,9%". 

Con esta taxa de crecemento, indican os investigadores, "Galicia segue recuperando o nivel de exportacións anterior á pandemia, situándose nun 92,9% con respecto ao último nivel anual previo á covid-19. No conxunto do Estado a cifra mantense estancada no 89,5%".

"Resulta especialmente destacable a evolución do sector téxtil: despois de meses de caída, rexistra unha taxa de variación interanual positiva do 9,5%", subliñan dende o Campus.  Con este dato, o téxtil pasa a ser o segundo sector de maior contribución ao crecemento total do comercio exterior no mes de decembro. O primeiro, detallan, "segue a ser a automoción, auténtico tractor das exportacións galegas nestes momentos". En canto á agroalimentación, apuntan que é un "eixo estratéxico" e "segue dando mostras de estabilidade, cunha taxa de crecemento interanual do 3%". 

Te puede interesar
Más en Universidad