UNIVERSIDAD

A Facultade de Educación acolle una exposición sobre peóns

Esta actividade  está organizada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo

"O peón, un mundo de amigos". Con este título preséntase unha exposición didáctica sobre as buxainas organizada polo Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e que acolle estes días a Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense. O seu obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer e valorizar este elemento da cultura popular aos futuros e futuras docentes que se forman neste centro.

Situada fronte ao Seminario da Paz, no segundo piso do Edificio de Ferro, a mostra consta de paneis explicativos nos que se ofrece abundante información sobre os peóns. A través deles o público pode coñecer as orixes históricas da buxaina, a súa presencia na antigüidade e nos diferentes países, a súa evolución desde a Idade Media ata a actualidade e a súa universalidade. As persoas interesadas tamén poden coñecer como se fabrican estes xoguetes, os tipos de peóns que hai, as diferentes formas de xogar con eles e ata a súa presenza en Internet. Completando esta mostra, no propio Seminario da Paz hai unha pequena selección de peóns tradicionais cos as persoas que visitan a mostra poden aprender a xogar.

A iniciativa, que se prolongará ata finais do mes de maio, enmárcase nas actividades que organiza cada ano o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, creado en 2004, e que teñen como obxectivo contribuír a recuperar, divulgar e revitalizar os xogos populares, neste caso os peóns. Como facultade na que se forman futuros profesores e profesoras, transmisores da cultura, desde o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo quixeron achegar esta mostra á Facultade de Ciencias da Educación aproveitando ademais o feito de que dous alumnos de Educación Social do campus están na actualidade a realizar as súas prácticas na entidade.

Te puede interesar