Félix Cao pecha o programa do ciclo de conferencias en Empresariais

O preparador físico do Betis falou sobre a súa experiencia no fútbol de elite en China, Reino Unido e España

O ciclo de conferencias "Conversas", iniciativa do programa de mentorización Meta da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, pechou o xoves pola tarde a súa programación do curso 2020/21 co preparador físico e adestrador en equipos de fútbol de elite Félix Rodríguez Cao.

Este falou da súa traxectoria internacional en diferentes equipos da superliga chinesa ou da Premier League, da xestión de equipos de alto rendemento e da motivación dos grupos. Na súa intervención, Cao estivo acompañado por Julio Vila, socio director de Asesores Vila Castro.

Na conferencia fixo un repaso dos equipos de elite, despois de estudar INEF en Pontevedra, nos que traballou, entre os que se atopan os Wuhan Zall FC e o Hebei Fortune en China e posteriormente a súa unión ao equipo técnico de Manuel Pellegrini, acompañando como preparador físico ao técnico chileno nas súas experiencias no West Ham United inglés e no Betis da primeira división. 

Te puede interesar