Universidad

O galego centrará a divulgación científica

Fernando Ramallo, director da Área de Normalización Lingüística.
photo_camera Fernando Ramallo, director da Área de Normalización Lingüística.
O ano 2020 será na Universidade de Vigo o da divulgación científica en galego

O ano 2020 será na Universidade de Vigo o da divulgación científica en galego. Este é o gran propósito que se marcan dende a Área de Normalización Lingüística para o vindeiro exercicio. Para acadalo planificaron unha serie de actividades en colaboración coa Unidade de Cultura Científica e da Innovación, que darán comezo esta semana coa celebración de varias mesas redondas en Vigo e Pontevedra coas que se pretende amosarlle á comunidade universitaria e ao público en xeral unha dobre realidade: que o galego é unha lingua tan válida como calquera outra para facer ciencia e que a ciencia é un eido clave para a normalización da lingua.

"Na actualidade faise aínda pouca divulgación científica e, se falamos de divulgación científica en lingua galega, as cifras son aínda menores", explica o profesor e investigador Fernando Ramallo, director da ANL, que fai fincapé na necesidade de que o coñecemento científico que xorde no ámbito universitario chegue ao conxunto da sociedade.

Te puede interesar