CULTURA

Isaac Díaz Pardo e Sargadelos protagonizan unha exposición

Todas as persoas interesadas nesta coleción poderán visitala de balde ata o 22 de febreiro.

A Sala X de Pontevedra acolle estes días a exposición titulada "Isaac Díaz Pardo e Sargadelos. Apontamentos sobre arte, industria e deseño". Trátase dunha mostra que reflexiona sobre a vinculación entre arte, industria e deseño na traxectoria do artista, intelectual e empresario Isaac Díaz Pardo. A coleción ofrece unha selección de apuntamentos biográficos, publicacións, carteis, mobiliario e unha serie de bocexos de traballo realizados no seminario de Sargadelos non expostos previamente.

A mostra, comisariada pola decana de Belas Artes, Silvia García, está organizada pola Sala X e Vicerreitoría do campus de Pontevedra. Todas as persoas interesadas nesta coleción poderán visitala de balde ata o 22 de febreiro.

Te puede interesar