Universidad

Lánzase a segunda edición dos Premios do Consello Social

O premio convócase nas categorías internacional EGalega e Aberto a toda a educación

Co obxectivo de recoñecer o labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais, tanto galegas como internacionais, que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación, a Universidade de Vigo e o Consello Social acaban de lanzar a  segunda edición dos Premios "Consello Social_UVigoHumana", unha iniciativa posta en marcha durante o curso pasado coa idea de reforzar a función social da universidade pública.

Ao igual ca na anterior edición, o premio convócase en dúas categorías, internacional e galega, e está dotado dun diploma acreditativo e un agasallo institucional. Poderán presentarse tanto membros da comunidade universitaria, como institucións públicas, entidades educativas, culturais e sociais, organizacións non gobernamentais, persoas e institucións de recoñecido prestixio e calquera persoa ou representante de entidades convidadas pola organización.

O prazo para a presentación de candidaturas manterase aberto ata o vindeiro luns, día 16, e será a Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación a encargada de valorar a idoneidade das candidaturas presentadas en función da súa traxectoria, da cal informará a Comisión de Valoración. Esta comisión estará composta por un presidente que recaerá no reitor ou persoa en quen delegue e oito vogais: a vicerreitora de Responsabilidade Social, o presidente do Consello Social, a directora da Área de Responsabilidade Social e Cooperación,  dous represente do PDI, un representante  do PAS e do alumnado e un/unha representante do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

Te puede interesar