UNIVERSIDAD

Melania Freire imponse no Ego cunha colección ampliada da nacida na Esdemga

Universidad
photo_camera Melania Freire.

A egresada acadou o primeiro premio na pasarela para novos talentos da Madrid Fashion Week

En novembro de 2017, Melania Freire presentaba por primeira vez sobre unha pasarela "Me compré una postal de David Hockney", a colección que constituía o seu proxecto de fin de estudos na Escola de Moda de Galicia (Esdemga) e que amosaba por primeira vez ao público en Debut, o desfile no que esta titulación da Facultade de Belas Artes proxecta o traballo dos seus novos egresados. Pouco máis dun ano despois, unha versión ampliada da colección que articulou como unha homenaxe a este artista británico serviu a esta deseñadora para facerse co premio Mercedes-Benz Fashion Talent 2019, o galardón que distingue á mellor das coleccións presentadas no Samsung Ego, a pasarela para novos talentos da Mercedes-Benz Fashion Week Madrid.

Xunto a "404 Studio" e "Reveligion", Freire foi unha das tres deseñadoras seleccionadas por primeira vez para participar nesta plataforma para novos talentos, na que Anel Yaos, Cherry Massia, MikelColas e Madridmanso tamén optaban ao premio outorgado a Freire e que lle permitirá amosar as súas creacións na Mercedes-Benz Fashion Week de Pragaa.

Ademais de Freire, Esdemga tamén se ve representada na Fashion Week Madrid, que se desenvolve ata o 29 de xaneiro no Ifema madrileño, pola titulada Sheila Pazos, unha das 15 deseñadoras seleccionadas para participar no showroom da pasarela, onde a gañadora de Debut 2015 estreou a súa nova colección "Cadavre Exqus", desenvolvida a partires da súa selección no Programa de creación de cómic, ilustración e deseño do Injuve.

Te puede interesar