Universidad

A Mesa pola Normalización busca membros no Campus

O posto informativo estivo situado na entrada do Edificio de Ferro.
photo_camera O posto informativo estivo situado na entrada do Edificio de Ferro.
A Mesa pola Normalización Lingüística está a percorrer diferentes facultades das tres universidades galegas para dar a coñecer o traballo que realiza

A Mesa pola Normalización Lingüística está a percorrer diferentes facultades das tres universidades galegas para dar a coñecer o traballo que realiza e conseguir novos membros entre a comunidade universitaria. No marco desta iniciativa, o Edificio de Ferro do campus de Ourense, no que hai docencia das facultades de Historia e Ciencias da Educación e da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, acolleu un dos seus postos informativos.

Segundo explicou o técnico da Mesa pola Normalización Lingüística Luis Pérez, encargado da atención do posto, a iniciativa quere "promover o uso do galego e visibilizar que somos moitos os mozos e mozas que queremos vivir en galego". Para acadalo, sinalou, "estamos percorrendo as tres universidades galegas para ensinarlle á mocidade todo o material que facemos na nosa asociación, a maior asociación cultural galega para defender o uso do galego en todos os ámbitos". Segundo apuntou, "queremos que a xente moza coñeza que é a asociación e facer unha campaña para que se asocie".

Te puede interesar