Universidad

O papel das mulleres nas ciencias, en 14 vídeos

Universidad

Feminismo

O papel das mulleres nas ciencias, en 14 vídeos

Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o campus de Ourense acolle anualmente en febreiro a feira divulgativa "Exxperimenta en Feminino"

14 vídeos curtos nos que investigadoras e profesoras de catro centros do campus de Ourense explican de xeito divulgativo a traxectoria e relevancia de 14 mulleres referentes no campo da ciencia, a tecnoloxía e as enxeñarías. Así se presenta a exposición virtual "Exxperimenta en feminino", iniciativa que, ao igual que o proxecto no que se enmarca, ten como obxectivo último espertar en rapaces e rapazas a vocación científica suplindo a carencia de referentes femininos.

Co gallo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, desde o ano 2017 o campus de Ourense acolle anualmente en febreiro a feira divulgativa "Exxperimenta en Feminino", organizada por profesoras e investigadoras da Escola Superior de Enxeñaría Informática, a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, a Escola Universitaria de Enfermaría e a Facultade de Ciencias. Co obxectivo de dar continuidade a esta acción, as súas promotoras puxeron en marcha este ano unha mostra itinerante para centros educativos do sur de Galicia composta por 14 pósteres, tipo roll up, sobre outras tantas mulleres cun destacado papel na investigación. Cada muller destacada foi elixida polas investigadoras de cada un dos 14 stands que formaron parte da edición 2020 de Exxperimenta atendendo á súa área de especialización.n

Te puede interesar
Más en Universidad