Emprego e emprendemento

Prazas en Europa para profesorado en sección bilingüe

O Ministerio de Educación convoca prazas de profesorado en seccións bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Hungría, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia. Destinada a graduados coa nacionalidade española co mestrado en profesorado. Candidaturas ata o 5 de xuño.

Programa profesional para futuros docentes nunha escola rural

A Fundación Princesa de Girona seleccionará a 30 estudantes para realizar prácticas e o TFG nunha escola rural, para que se convertan en docentes transformadores. Nesta primeira edición, as prácticas realizaranse en Aragón, Estremadura e Galicia. Dirixida a menores de 25 anos de Educación Infantil e Primaria.

Bolsas de formación da Fundación Sepi Talentum 2020

A Fundación Sepi convoca as bolsas do programa Telefónica Talentum 2020, para titulados ou estudantes con 30 créditos pendentes e tituladas de FP. As bolsas son remuneradas e a contía variará en función de diferentes parámetros. A duración das bolsas será entre 3 e 12 meses. Solicitudes ata o 15 de decembro.

Prácticas laborais no Tribunal de contas europeo

O Tribunal de contas europeo convoca prácticas para titulados universitarios europeos ou estudantes finalistas en temas relacionados coa institución con coñecemento profundo dunha lingua oficial da Unión Europea e satisfactorio doutra delas. As prácticas serán a partir do 1 de setembro e a inscripción finaliza o 31 deste mes.

Te puede interesar