Universidad

Profesionais galegos únense para mellorar a investigación

Universidad

UNIVERSIDAD

Profesionais galegos únense para mellorar a investigación

Un instante dunha das asambleas celebradas polo colectivo.
photo_cameraUn instante dunha das asambleas celebradas polo colectivo.
O proxecto naceu tras unha mesa redonda no CIMUS, da USC,  sobre a realidade da investigación en Galicia

Diversos colectivos de persoal investigador da Uvigo están tratando de crear “un novo espazo galego unitario en defensa da investigación” para abordar demandas como a posta en valor do tecido de I+D, o establecemento das condicións necesarias para o desenvolvemento dunha carreira investigadora, os programas de retención de talento e o compromiso das institucións públicas para incrementar a inversión en I+D. 

O proxecto naceu tras unha mesa redonda no CIMUS, da USC,  sobre a realidade da investigación en Galicia. Os colectivos que participaron nesa xuntanza decidiron que era o momento "de pasar á acción de xeito transversal" e para facelo consideran básica a unión "de todos os axentes do I+D galego que sofren as consecuencias das nefastas políticas". 

Para artellar as súas demandas apostan pola creación dunha asociación, para o que están a desenvolver asembleas polas universidades e os centros de investigación de Galicia. Hoxe, mércores, a cita será en Vigo, no edificio Miralles a partir das 18.00 horas e nos vindeiros días concretaranse as datas para o resto dos campus da Universidade.

O obxectivo destas xuntanzas é que "cristalicen nun colectivo común pola investigación, na que poidamos dende solucionar colectivamente os problemas máis concretos que ten o todo o persoal relacionado coa investigación, ata reivindicar unidos e con forza que a única Galicia con futuro é aquela que aposta por unha investigación pública e de calidade", explican dende a tres entidades que impulsan a iniciativa.

Más en Universidad