Universidade

Os profesores xa dispoñen de despachos virtuais

A plataforma permite realizar titorías mediante videoconferencia 

e realizar exames

A suspensión da actividade docente presencial por mor da crise sanitaria levou o pasado mes de marzo á Universidade de Vigo a despregar diferentes recursos para garantir a continuidade do curso académico a través de plataformas telemáticas. Así, en poucos días, a institución académica puña en marcha o Campus Remoto, no que se integrou a plataforma de docencia virtual Faitic e dentro do que se crearon 1600 aulas virtuais, xerando así un "xemelgo dixital" da propia Universidade, no que están representadas os seus diferentes servizos, facultades e escolas. Ese xemelgo virtual, amplíase agora coa posta en marcha de máis de 2.700 "despachos virtuais", que posibilitan ao profesorado a realización de titorías, á vez que os dotan de diferentes opcións para a realización de exames non presenciais. 

Nestes despachos virtuais, as e os docentes dispoñen dunha sala de videoconferencias, unha ferramenta que permitirá levar a cabo unha das funcións fundamentais dos docentes, como son as titorías e permite realizar gravacións de contidos educativos, así como facer exames.

Te puede interesar