UNIVERSIDAD

O proxecto Topacio proba láser e drons para previr incendios

photo_camera Parte dos socios e investigadores do proxecto no edificio de Ciencias do Campus de Ourense.
A aplicación está na fase final de probas tras tres anos de traballo con vistas a comercializala

O proxecto Topacio, elaborado gracias a dous grupos de investigación do Campus, presenta os seus resultados de mecanismos de prevención de incendios despois de tres anos de traballo. A iniciativa "Tecnoloxías de Optimización da Xestión de Infraestruturas para a Prevención de Incendios Forestais" xurdiu cos lumes de 2017 como os de Chandebrito e Pedrógão Grande, que puxeron o foco de atención na importancia que ten para a prevención dos lumes o estado da masa forestal que hai arredor de vías de comunicación e poboacións. En 2018, catro empresas, un centro de investigación e estes dous grupos da UVigo comezaron o traballo. Onte presentaronse os froitos de Topacio: unha aplicación que procesa numerosa información sobre as franxas de vexetación na contorna de estradas e sobre meteoroloxía e proporciona índices de risco de incendios e propostas de actuación. O profesor de Aeronáutica Higinio González amosou parte do proxecto.

O importe de Topacio ascendeu a 799.316,81 euros, contando cunha subvención da Xunta.

A empresa Extraco, líder da iniciativa, achegou a súa experiencia como concesionaria de obras en vías; Aeromedia, a súa experiencia en captura e procesamento de datos; Conexiona, solucións TIC innovadoras, e Sans2, sistemas de información xeográfica. Ás empresas uníronse os grupos da UVigo de Xeotecnoloxías Aplicadas (Geotech) e de Tecnoloxía Enerxética (GTE), o Centro de Investigación Forestal de Lourizán e Feuga. 

A información que nutre a aplicación Topacio procede do uso de tecnoloxías de última xeración, como o láser escáner móbil, embarcados tanto en vehículos terrestres como en drones e imaxes de satélite das zonas de interese.  

Funcionamento online

A aplicación, pensada para ser on-line, está actualmente na fase final de probas, indicando os seus responsables que agardan no futuro poder comercializala como unha ferramenta de traballo especializada, ofrecendo diferentes opcións segundo as necesidades de cada tipo de usuario, desde unha versión aberta ata unha premiun.
O programa foi validado en dous escenarios reais, na autoestrada de Ourense a Celanova AG-31, nas proximidades desta última vila, e na OU-312, no Parque Natural da Serra do Xurés no seu paso por Lobios. Higinio González, investigador principal, indicou como “foi un pracer traballar coas catro empresas participantes". Javier Prego, de Extraco, agradeceu á UVigo aos grupos de investigación "a súa implicación". 

Te puede interesar