Récord de participantes na XII Olimpíada de Xeoloxía

Un grupo de alumnos, accedendo á proba dende o seu instituto de maneira telemática.
photo_camera Un grupo de alumnos, accedendo á proba dende o seu instituto de maneira telemática.
Case un cento de estudantes de Ourense, Pontevedra e Lugo accederon á proba telemática

A  facultade de Ciencias de Educación do Campus celebrou de maneira telemática, xunto a Escola de Enxeñaría de Minas de Vigo, a XII Olimpíada de Xeología. En total, 78 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra participaron este mércores na celebración da sede galega destas probas. Fixérono dende os seus institutos, a través do campus remoto da UVigo.

"O obxectivo é fomentar o interese polos contidos propios da Xeoloxía e do conxunto das Ciencias da Terra; animar ao alumnado participante a comezar estudos universitarios relacionados coa Xeoloxía e destacar a importancia da preservación do medio natural", explican dende a UVigo.

Nesta edición, 160 estudantes de ESO e Bacharelato de Galicia participaron na cita, dato que desde a súa organización consideran un éxito tendo en conta as limitacións provocada pola pandemia, que obrigou a por exemplo restrinxir a participación por centro.

No caso de Ourense competiron nesta edición 28 estudantes de catro centros (CPI Virxe da Saleta de Cea, IES O Ribeiro de Ribadavia, e IES Ferro Couselo de Ourense), que foron recibidos virtualmente por Juan Carlos Nóvoa, vicedecano da Facultade de Ciencias, e María Salud Gago, en nome da organización da olimpíada. No caso de Pontevedra, participaron 50 estudantes de seis centros, que foron recibidos tamén de xeito virtual por Elena Alonso Prieto, directora da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, e por Alicia López, delegada en Galicia da Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra. O IES Río Cabe de Monforte de Lemos tamén participou nas olimpíadas.

Juan Carlos Nóvoa Muñoz, vicedecano da Faculta de Ciencias, destacou a importancia deste tipo de actividades "para promover a interacción entre os estudantes de Secundaria e Bacharelato e o ámbito universitario". 

Te puede interesar