UNIVERSIDAD

A revista "Cumieira" aséntase na súa terceira edición

O conflicto lingüistico na educación ou o ensino do galego como lingua extranxeira trátanse nesta publicación

A chegada do terceiro volume da revista "Cumieira", do departamento de Filoloxía Galega e Latina, preséntase como un asentamento da publicación. O número "Cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega" presenta cinco traballos que abordan temas variados como o conflito lingüístico na educación, a supervivencia da mitoloxía clásica na literatura galega, o ensino de galego como lingua estranxeira, un exercicio de literatura comparada na obra poética de Johán Carballeira e un estudo historiográfico dos traballos que abordaron a fala dialectal do Morrazo.

O profesor Xosé A. Fernández Salgado, editor da revista, lembra que esta publicación naceu co obxectivo de dar a coñecer os traballos académicos dos investigadores máis novos do ámbito da Filoloxía Galega. 

Estela Suárez asina un dos temas centrados na experiencia da autora na aplicación dunha unidade didáctica que perseguía facerlle ver a alumnado de Bacharelato de Vigo as desigualdades lingüísticas en zonas onde o uso do galego é case anecdótico. O traballo de Paloma García analiza a utilización do mito grego na obra poética de Álvaro Cunqueiro e as posibles fontes clásicas para a súa reelaboración textual. Alejandro Martínez achega un estudo de gramática contrastiva galego/croata e reflexiona sobre os problemas do ensino do galego como lingua estranxeira. A perspectiva comparada foi a adoptada por Gonzalo García no seu traballo sobre a obra poética de Johán Carballeira, co que quere pór de manifesto as relacións artísticas entre a literatura e disciplinas como a arquitectura, a pintura e a música. No último traballo, Sara Martínez leva a cabo unha compilación e análise historiográfica sobre os estudos lingüísticos existentes que describen ou recollen a variedade lingüística dialectal falada na pontevedresa península do Morrazo.

Te puede interesar