UNIVERSIDAD

Rosa Chacel centra unha investigación de Filoloxía

2020052822465944763
photo_camera Ana Bande é bibliotecaria da Facultade de Filoloxía e Tradución da UVigo.

"Non podemos esquecer por máis tempo a unha autora que foi quizais a representante máis auténtica da novela de vangarda" e cuxo empeño no "oficio de pensar" deixou un "legado ensaístico de extraordinaria riqueza". Así expón a bibliotecaria da Facultade de Filoloxía, Ana Bande, a importancia de reivindicar a figura de Rosa Chacel, escritora da xeración do 27 arredor da cal centra o seu traballo investigador.

Licenciada en Xeografía e Historia, Ana Bande compaxina o seu traballo como bibliotecaria con apoio á docencia e á investigación facilitando acceso a ferramentas informativas variadas coa investigación sobre Rosa Chacel. A investigación dende fóra do ámbito académico, sinala, "é moi difícil", pois "non estar nun grupo de investigación nin pertencer ao cadro de persoal docente é un atranco para poder afrontar unha investigación ambiciosa que precisa financiación e tempo importante", dificultades que non lle impiden porén a Ana Bande desenvolver o seu traballo arredor desta escritora vallisoletana.

Te puede interesar