Universidad

Unha semana para achegar o galego á mocidade na rede

Universidad

Universidad

Unha semana para achegar o galego á mocidade na rede

Ata o 14 de decembro repartirase material promocional do evento.
photo_camera Ata o 14 de decembro repartirase material promocional do evento.

"Promover, normalizar, estender e fomentar o uso do galego entre a mocidade" constitúe, como sinalan deste Freshysweet, unha axencia júnior de publicidade integrada por estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, o obxectivo principal de Usa a Lingua, un ciclo de coloquios e actuacións que ao longo desta semana desenvolven a través da rede social Instagram. A situación sanitaria xerada pola covid-19 obrigou neste 2020 a trasladar a un formato virtual unha iniciativa que en anteriores edicións levou a Freshysweet a promover diferentes actividades na facultade. "Pensamos que Instagram era a rede social perfecta para levar a cabo o evento nestes tempos", sinala este grupo de alumnos e alumnas, que lembran que se trata da plataforma que reúne máis xente nova, con máis dun 36% de usuarios e usuarias menores de 24 anos.

Un coloquio co cómico e actor David Amor inaugurou o programa de actividades desta terceira edición, que abrangue unha serie de coloquios con persoas "de grande interese no campo da comunicación, música e cultura galega", xunto coas actuacións musicais de The Rapants e Dakidarría na tarde do venres. 

Conducido polo estudante Vinto Tajes, este primeiro coloquio permitiu afondar na traxectoria deste humorista, abordando tanto a súa traxectoria no mundo da televisión ao "salto importante" que, recoñeceu, supuxo a súa participación no programa El Club del Chiste, á vez que houbo tempo tamén para lembrar a súa traxectoria como xogador de balonmán ou falar dos efectos da covid-19.

Más en Universidad