Universidade

Unha tese aborda a influencia das TIC nas emocións do profesorado

Unha tese do Campus de Ourense titulada "Uso dos recursos TIC no contexto de ensino-aprendizaxe: un eixe na motivación docente e dirixida" aborda as tecnoloxías fronte as emocións do profesorado. Está dirixida por Antonio Gonzáleze foi presentada na Facultade de Educación e Traballo Social. 

"O profesorado que, polo que sexa, comeza a empregar tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) na aula recibe emocións positivas co seu uso e percibe satisfacción profesional co seu coñecemento", conclúe a autora da tese de doutoramento, Eva Moreira, egresada en Psicopedagoxía e docente de Educación Secundaria na especialidade de Orientación Educativa. Ela sinala como "a maioría dos docentes entenden que o seu traballo non pode quedar fóra do uso das TIC en todas as facetas do seu desempeño". O traballo enfócase desde a influencia que exercen as tecnoloxías na motivación e implicación do profesorado. 

Te puede interesar