Universidad

Unha tese analiza a representación da sexualidade nas obras teatrais

Baamonde conclúe que "a pesar dos estereotipos conservadores" no teatro "as cousas están cambiando"

A investigadora Eugenia Baamonde acaba de presentar unha tese de doutoramento sobre sexualidade. Propón un xogo de palabras que avanza o matiz irónico, combativo e humorístico que está presente en todo o traballo. O obxectivo do seu proxecto, dirixido por Xosé Manuel Buxán, docente e decano da Facultade de Belas Artes da UVigo, é "analizar a representación das sexualidades que cuestionan a heteronorma”e os xéneros binarios na dramaturxia contemporánea española".

 Baamonde, coa súa experiencia como dramaturga expón as principais ferramentas estéticas e ideolóxicas que se empregan neste eido, concluíndo que existen "teatros que importan, que se moven arredor dos corpos des-xenerados e provocan lecturas afastadas do normativo", di a investigadora. 

Empregando unha metodoloxía transversal, Baamonde toma como base a idea de que na práctica escénica contemporánea existe unha mestura de linguaxes que racha as fronteiras das disciplinas artísticas e inclúe elementos da danza, das artes plásticas e performativas, etc. A experta fala de "arte do corpo" e do desprazamento da importancia da palabra: agora o corpo, asegura, convértese practicamente "no único soporte material da representación". 

Baamonde revisa criticamente as prácticas teatrais, cuestionando o dispositivo do espectáculo na súa totalidade e propoñendo novos camiños na dramaturxia, ferramentas que "poñan en evidencia a construción das identidades". Neste repaso por propostas activistas, transfeministas ou 'queer' inflúe a súa consideración da "Historia en letras grandes".

Baamonde pensa que nos últimos tempos, a pesar da "persistencia de estereotipos conservadores", as cousas están cambiando pouco a pouco no teatro. 

Te puede interesar