UNIVERSIDAD

Os traballos saen das aulas para visibilizar á muller

Tania Gándara, Iria Junco, Sonia Leiro, Iria Liñares e Ana Mella e outras compañeiras e compañeiros da materia de Xénero e Educación Social do Grao de Educación Social elaboraron este cuadrimestre diferentes traballos feministas.

Co desexo de visibilizar ese esforzo e contribuír con el á loita pola igualdade, levan agora as súas iniciativas, unha exposición sobre a menstruación e unha obra de teatro sobre as primeiras sufraxistas, fóra das aulas.

Na entrada do edificio de Ferro xa se pode ver a mostra sobre a menstruación feita polas alumnas no marco da materia impartida polas profesoras da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense Carmen Armada e Purificación Mayobre. “O obxectivo que perseguimos con ela é romper cos tabús e estereotipos que existen ao redor da menstruación e achegar o noso grao de area á chamada revolución menstrual, coa que se pretende dar voz e visibilidade ao sangue menstrual”, comentan as autoras da mostra.

Para a exposición, indican as estudantes de segundo curso de Educación Social, utilizaron distintos materiais, como cartóns, fotografías, pintura ou lenzos, e empregaron, “para facer a mostra máis artística e atractiva” obras de distintas autoras como poemas, pinturas e fragmentos literarios. Ademais, engadiron elementos especiais, como testemuños das súas nais, avoas e tías, e o propio sangue menstrual de varias autoras sobre lenzos. 

Te puede interesar