Loita contra o coronavirus

A UVigo fará cribados para docentes e administrativos

Terá lugar entre o luns 1 e o mércores 3 de marzo.

O cribado que o Sergas vai realizar ao alumnado do Campus de Vigo cambia de datas. Terá lugar entre o luns 1 e o mércores 3 de marzo. Os 14.000 estudantes convocados están a ser citados polo Sergas.Nos Campus de Ourense e Pontevedra mantense a planificación inicial deste fin de semana. 

Paralelamente, e de cara a poder realizar unha volta á docencia presencial coa maior seguridade posible, a Universidade de Vigo tamén está a realizar probas de detección da covid-19 a todo o seu persoal, similar ao que se desenvolveu ao inicio do curso. Trátase dun cribado de pooling PCR por saliva entre o persoal PAS, PDI e alumnado de prácticas de algúns centros, que xa arrancou esta mesma semana e se estenderá tamén á próxima. O 1 de marzo está previsto o inicio presencial dos universitarios trala desescalada anunciada por Sanidade. 

Te puede interesar