Universidad

A UVigo organiza eventos online para lembrar a Cunqueiro

Onte cumpríronse 40 anos do pasamento do escritor de "si o vello Sinbad volvese ás illas" ou "herba aquí e acolá"

A UVigo lembra ao escritor Álvaro Cunqueiro, de xuco falecemento se cumpriron onte 40 anos. "Foi o mellor fabulador das literaturas ibéricas do século XX", di Xosé Henrique Costas González, catedrático do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da UVigo, cuxa Facultade de Filoloxía e Tradución acollerá entre os días 2 ao 5 de marzo unha serie de actos de homenaxe ao escritor. 

"Cando Cunqueiro morreu deixou publicados en libro 113 poemas en galego, hoxe temos 400, pois recuperamos poemas de cartas, arquivos persoais, revistas etc. E seguen aparecendo cousas, é un pozo sen fondo sempre a rebordar de auga fresca e limpa", detalla Costas, que lamenta o "inxusto e inexplicable esquecemento que Cunqueiro sofre no panorama da literatura en castelán, cando as súas novelas nesa lingua son dificilmente superables". 

O recoñecemento e a lembranza do escritor e a presentación de novos materiais que se van descubrindo da súa obra son os eixos centrais da homenaxe que Costas, xunto co tamén docente e investigador Manuel Forcadela, o equipo decanal e a dirección do Departamento de Filoloxía Galega e Latina da facultade, organizarán entre os días 2 e 5 de marzo e que serán retransmitidos en directo a través de UVigoTV. 

Documentais e poemas

Un ciclo de charlas, un concurso de citas da obra de Cunqueiro, a presentación dun libro e a estrea, por unha banda, dun documental sobre a súa obra e, doutra, da musicación de dous dos seus poemas, converterán a vindeira semana á UVigo nun dos epicentros das celebracións do 40 cabodano do autor de máis de 20.000 artigos en medio cento de xornais e revistas e obras como "Si o vello Sinbad volvese ás illas" ou "Herba aquí e acolá". 

Te puede interesar