Universidad

A UVigo retoma MuVer, o bono para facer deporte

Universidad

Servizos

A UVigo retoma MuVer, o bono para facer deporte

Instalacións deportivas do Campus de Ourense.
photo_camera Instalacións deportivas do Campus de Ourense.
Os abonos poden adquirirse tanto cuadrimestral como anualmente e mesmo tamén de xeito puntual para o verán

Despois dos meses de confinamento e do verán xa é hora de regresar a unha rutina saudable de práctica deportiva. Para iso a Área de Benestar, Saúde e Deporte acaba de abrir o prazo de solicitude dos abonos cos que conta a UVigo e que permiten facer un uso regular das súas instalacións. Por unha banda, a modalidade básica dá acceso aos vestiarios, armarios e pista de atletismo e, por outra, o Abono MuVer permite o uso dun un amplo abano de instalacións e ofrece vantaxes para practicar deporte nos tres campus. 

Os abonos poden adquirirse tanto cuadrimestral como anualmente e mesmo tamén de xeito puntual para o verán. O MuVer permite o acceso ás instalacións deportivas da Universidade nos tres campus durante o todo o seu horario de apertura, así como ás actividades dirixidas de fitness e o seguimento técnico e médico-deportivo dos programas de adestramento, así como a participación de balde nas actividades do equipo de carreiras populares da UVigo.