UNIVERSITAS

100 proxectos xurdidos nas aulas optan aos premios do "We Are Ads"

__g1_result
photo_camera Emma Torres y Sergio Piñeiro.

Hoxe celebrarase unha gala na que se coñecerán aos gañadores das once categorías do certame e durante toda esta semana realizáronse talleres e conferencias

Hai preto dun ano, un grupo de alumnos do grao en Publicidade e Relacións Públicas comezaron a idear un evento que fixese posible que os moitos traballos que os estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación realizan puidesen ter difusión fóra das aulas. “Queríamos poder amosarllos non só ao resto do alumnado, senón tamén ao mundo profesional e á cidadanía”, destaca Sergio Piñeiro, presidente da asociación de estudantes que se encargou de organizar o primeiro festival universitario de publicidade We Are Ads (WAA), o evento que ao longo desta semana fará posible que aquela idea inicial se converta nunha realidade. Nunha gala que terá lugar hoxe, premiaranse os mellores proxectos presentados ás diferentes categorías dun certame ao que concorren un total de 100 traballos e que se completa cunha serie de talleres e conferencias.

Un total de 11 estudantes, agrupados na asociación universitaria We Are Ads, foron os responsables de poñer en marcha un certame ao que desta volta só concorreu o alumnado do centro, pero que pretenden “ir abrindo ano tras ano a outras facultades, ata que chegue un momento no que se poidan presentar estudantes de toda Galicia e de fóra”.
Co mesmo obxectivo de amosar á cidade o que se crea nas aulas, We Are Ads trasladarase mañá ata o sexto edificio do Museo de Pontevedra, onde ás 20.00 horas terá lugar o acto de entrega dos segundos e terceiros premios das diferentes categorías.

Te puede interesar
Más en Universitas