15 anos afondando nas moitas caras do protocolo

gal1-1-_result
photo_camera Fernando Ramos.

A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación acollerá os días 22 e 23 de abril o XV Curso Complementario de Comunicación e Protocolo.

O uso das novas tecnoloxías na organización de actos institucionais, a proclamación de Felipe VI, as tres veces que se inaugurou o canal de Suez ou a vestimenta máis apropiada para cada tipo de evento son algúns dos moitos temas que os días 22 e 23 de abril se abordarán na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, con motivo da celebración da celebración do XV Curso Complementario de Comunicación e Protocolo. “A actividade máis antiga e con maior número de alumnos da Universidade”, como resalta o seu director, o profesor Fernando Ramos, abordará neste 2015 “temas moi variados”, co obxectivo de promover un debate sobre os múltiples ámbitos de influenza da comunicación institucional e o protocolo.

“Por décimo quinto ano consecutivo, sen interrupción, organizamos un curso que cada ano é novo, diferente do anterior”, resalta este profesor e xornalista, que fai énfase en que o protocolo como “representación pública das institucións” é unha “linguaxe visual” na que inciden múltiples factores.

Te puede interesar
Más en Universitas