PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE GRAO

91 premios extraordinarios de grao, doutoramento e fin de carreira

Os recoñecementos entregaranse o vindeiro 28 de xaneiro co gallo da celebración de San Tomé de Aquino.

nnn Case un cento de estudantes da Universidade de Vigo pasarán a engrosar o vindeiro 28 de xaneiro a nómina de alumnos e alumnas “extraordinarios”, integrada polos galardoados e galardoadas cada curso cos premios extraordinarios de grao, doutoramento e fin de carreira. Como paso previo á entrega destes recoñecementos, que terá lugar no acto que se celebrará o vindeiro 28 de xaneiro co gallo da festividade de San Tomé de Aquino, o Consello de Goberno celebrou unha sesión extraordinaria na que aprobou outorgar un total de 91 premios: 50 de grao, 34 de doutoramento e sete de fin de carreira.

A secretaria xeral da Universidade, Gloria Pena, foi a encargada de dar lectura aos artigos, disposicións transitorias e regulamentos que detallan as condicións que determinan a concesión destes galardóns propostos polas escolas e facultades, así como polos centros adscritos, no caso dos premios extraordinarios de grao e fin de carreira, e pola Escola Internacional de Doutoramento, nos que se lle son outorgados aos mellores doutores e doutoras do curso 2014-2015.

A secretaria xeral lembrou que “o artigo 123 dos Estatutos da Universidade de Vigo establece que o Consello de Goberno, por proposta dos centros, pode outorgar anualmente premios extraordinarios de graduado ou graduada e máster universitario. O Consello de Goberno aprobará o regulamento que determine as condicións e o procedemento que deberán seguir as propostas dos centros”, así como que “o Consello de Goberno, por proposición da comisión de estudos de posgrao, pode outorgar anualmente premios extraordinarios de doutoramento aos doutores e doutoras que conseguiron no curso académico anterior a máxima cualificación posible “. 

Finalizada a intervención da secretaria xeral, o reitor, Salustiano Mato, solicitou aos membros do Consello de Goberno a aprobación das propostas realizada polos centros e pola Escola Internacional de Doutoramento, que recibiron o respaldo unánime dos e das integrantes do órgano de goberno da Universidade de Vigo.n

Te puede interesar
Más en Universitas