UNIVERSITAS

Análise dos efectos da saturación publicitaria na rede

gal1-3-_result
photo_camera A investigadora Pamela Sanders.

Pamela Saunders analizou as reaccións de nenos e nenas de España e Brasil á publicidade en páxinas de videoxogos

 Ao igual que o resto da poboación, os nenos e nenas non permanecen alleos á gran cantidade de mensaxes publicitarias que se poden atopar actualmente na rede. De feito, “teñen unha postura crítica sobre o que ven nos anuncios”, como asegura a investigadora Pamela Saunders, tras analizar na súa tese de doutoramento as reaccións de nenos e nenas de España e Brasil á publicidade das páxinas de videoxogos infantís. De feito, esta investigadora alerta de que unha “mala programación” dos anuncios pode estender entre os cativos “unha cegueira publicitaria, quizais mesmo unha animadversión á publicidade”, motivo polo que recalca a necesidade de regular a publicidade nos espazos web para nenos.


Co obxecto de estudar a relación da infancia co consumo, os medios de comunicación e as novas tecnoloxías, Saunders analizou para a súa tese, dirixida polo profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Daniel Martí, como era recibida a publicidade dos xogos online por parte dunha serie de estudantes de dúas escolas. Concretamente, dous grupos de nenos e nenas de entre 9 e 11 anos de Pontevedra e da localidade brasileira da Fortaleza, capital do estado de Ceará, “foron convidados a xogar durante unha hora e media na sala de ordenadores das súas escolas”, ao tempo que Sanders conversaba individualmente con eles, empregando a “técnica da entrevista semi-estruturada”, co obxectivo de capturar “a espontaneidade dos nenos”.

Te puede interesar
Más en Universitas