UNIVERSITAS

Aprendendo a amedrentar aos ladróns de tempo

gal01-1-_result
photo_camera Novo curso formativo do Gabinete Psicopedagóxico sobre xestión do tempo.

Un curso ensinará aos estudantes a xestionarse ante situacións de exceso de traballo académico

 Tarefas, compromisos, exames... mestúranse con actividades persoais e familiares e levan a máis de un a suspirar por un día que tivera 48 horas, porque as 24 que en realidade ten parecen insuficientes para todo o que se ten que facer. Sen embargo, os expertos aseguran que non se trata dun problema de tempo, senón de xestión, de cómo se invisten as horas de traballo ou de lecer e de todos os malos hábitos que se van adquirindo co paso do tempo e que acaban provocando esa sensación de que non hai tempo que chegue. Para intentar axudar aos alumnos a afrontar todo o traballo académico que teñen por diante, o Gabinete Psicopedagóxico do campus de Ourense está a impartir un curso de xestión do tempo no que “coñecer, identificar e establecer pautas para organizarse” para acadar unha maior eficiencia persoal e evitar problemas como o estrés ou o esgotamento.

Durante 20 horas, os estudantes inscritos traballarán nun primeiro bloque cos conceptos da xestión do tempo e as sete leis básicas xa escritas sobre el para logo nunha segunda parte poder facer unha planificación persoal da súa axenda guiados por profesionais, moi importante moitos que agora “afrontan os seus traballos de fin de grao ou de master ou teñen un exceso de carga académica”. “Darémoslles todos os recursos persoais e incluso tecnolóxicos, xa que vamos a empregar programas que teñen no ordenador que nos poden axudar a xestionarnos”, salienta María Gregorio, psicopedagoga do Gabinete e responsable do curso.

Te puede interesar
Más en Universitas