FORMACIÓN

A aprendizaxe non entende de idades, nin de lugares

gal1_result

O proxecto Ágora procura impulsar a formación para maiores empregando as novas tecnoloxías e achegando as aulas a aqueles que están lonxe

Promover a formación e a aprendizaxe das persoas maiores e facelo ademais aproveitando o potencial que supoñen as novas tecnoloxías para achegar o coñecemento a persoas que, en moitos casos, se atopan lonxe das aulas universitarias son os dous propósitos que persegue o proxecto Ágora, unha iniciativa impulsada, no seo da confederación de asociacións de alumnado sénior Caumas, por alumnado do Programa para Maiores da Universidade de Vigo. Un proxecto, que como recoñece o presidente da Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior (Fegaus), Alejandro Otero, está a recibir unha “resposta moi positiva” nos seus primeiros meses de vida.


Presentado por primeira vez en maio en Vigo, Ágora “propón un novo modelo de acceso ao coñecemento, baseado na innovación e na aplicación das novas tecnoloxías”, sinala Otero. Unha tarefa que esta iniciativa leva a cabo a través da plataforma Canal Sénior, do programa de formación Voluntarios Sénior 2.0, da Biblioteca Nacional Caumas e da revista Séniors Universitario

Te puede interesar
Más en Universitas