UNIVERSITAS

O Atlántico, espazo de tránsito de ideas e intercambio socio-cultural

photo_camera Rui Carvalho (U. Porto), David Johnston (Queen's University de Belfast), Manuel Fernández Iglesias, Teresa Caneda e Elena Seoane Posse (Universidade de Vigo).

O congreso estivo organizado por investigadores das universidades de Vigo, Porto e Belfast e prolongouse durante dous días na Fundación Barrié de Vigo

Vigo, Porto e Belfast comparten as augas da beira este do Atlántico norte. As tres cidades, historicamente moi vinculadas ao mar, á mobilidade e a un espazo atlántico común, compartiron tamén a organización do First International Conference Atlantic Communities, que baixo o título Translation, Mobility, Hospitality se celebrou durante dous días en Vigo coa colaboración do Campus do Mar.

Detrás deste evento estiveron investigadores das tres cidades, coordinados por Teresa Caneda, profesora e investigadora da Universidade de Vigo. O obxectivo do congreso era proporcionar un marco adecuado para o desenvolvemento dun diálogo entre especialistas nos campos das Humanidades e as Ciencias Sociais que representan as diferentes comunidades atlánticas.

Algúns dos temas que foron fíos condutores de debate e sobre os que se presentaron corenta comunicacións de especialistas de España (cunha ampla representación de investigadores da Universidade de Vigo), Irlanda, Reino Unido e Portugal, xiraron arredor da construción de identidades trans/atlánticas, a emigración, a mobilidade cultural, o tráfico de persoas e ideas, a tradución intercultural, a representación artística, a creación literaria e a organización socio-política no espazo atlántico.

No acto de apertura o vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias destacou a apertura de Vigo como cidade atlántica e o seu carácter hospitalario.

Te puede interesar
Más en Universitas