UNIVERSITAS

Auditorías internas para acabar coa fraude nas empresas

gal01-1-_result
photo_camera Mónica Villanueva e María Teresa Fernández.

Co obxectivo de descubrir se hai unha relación, as investigadoras Mónica Villanueva e María Teresa Fernández levaron a cabo un estudo en distintas compañías portuguesas.

En todas as estruturas sociais existe sempre o risco de que se cometan fraudes. Erros de operación que permiten simular ou evadir controis existentes, sistemas tecnolóxicos que permiten enganar ou distraer a atención dos indicadores son moitas as formas de deseñar e levar adiante unhas estafas que, segundo a maior organización mundial de loita contra a fraude, a ACFE, fan que as empresas perdan arredor do 5% dos seus ingresos ao ano. Co obxectivo de descubrir se hai unha relación directa entre a existencia de departamentos de auditoría interna nas empresas e detección de fraude, as investigadoras da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Mónica Villanueva e María Teresa Fernández levaron a cabo un estudo en distintas compañías portuguesas.

Para estas investigadoras, a fraude é un problema para moitas organizacións. Falan dunha “incerteza económica” que levou a que na maioría das empresas aumentara a posición ou o apoio ás auditoría internas como método de prevención e detección.

Te puede interesar
Más en Universitas