UNIVERSITAS

Belas Artes convoca de novo eleccións a Decanato en marzo

O prazo para a presentación de candidatos e candidatas ábrese o vindeiro 27 de febreiro

 Despois que os procesos electorais abertos nos meses de febreiro e decembro do pasado ano se pechasen sen candidaturas, Belas Artes volve chamar ao profesorado, alumnado e persoal de administración de servizos que forma parte da Xunta de Facultade a elixir novo decano ou decana, nunhas eleccións convocadas para o vindeiro luns, día 16 de marzo. Entre o 27 de febreiro e o 5 de marzo permanecerá aberto o prazo para que o profesorado con vinculación permanente presente as súas candidaturas para situarse á fronte da dirección do centro durante os próximos tres anos, segundo se estipula na resolución emitida polo actual decano en funcións, Juan Carlos Meana.


Trala constitución da Xunta Electoral, o pasado 2 de febreiro, a resolución na que se define o calendario deste proceso fixa para o vindeiro venres 20 a publicación provisional do censo de docentes que poderían optar á situarse á fronte do Decanato. Trala apertura dun período de reclamacións, o xoves 26 publicarase o censo definitivo e, ao día seguinte, abrirase o prazo de presentación de candidaturas, que serán proclamadas de xeito provisional o venres 6 de marzo e de forma definitiva, tras un novo prazo de alegacións, o mércores 11, cinco días antes de que a Xunta de Facultade sexa chamada ás urnas.

Te puede interesar
Más en Universitas