UN CUARTO DE SÉCULO

Belas Artes fai balance dos seus 25 anos de andaina

belasartes_result
photo_camera A facultade celebra o 30 de outubro o seu cuarto de século

A facultade celebra o 30 de outubro o seu cuarto de século de historia con diferentes actos

Abrir de par en par as portas da Facultade de Belas Artes e convidar á cidadanía a coñecer tanto as súas instalacións e talleres como os traballos dos seus estudantes e egresados é o dobre propósito do programa de actividades que este centro deseñou para o vindeiro venres 30 de outubro xornada na que celebrará o seu 25 aniversario.

Con ese propósito, ao acto institucional no que se fará balance dun cuarto de século de historia, sumaranse nesta xornada de portas abertas, outra serie de actividades, como visitas guiadas ás instalacións, unha feira na que estudantes e titulados porán á venda as súas creacións ou a exposición de diferentes obras na entrada e nos corredores do centro.

“Somos a única facultade do campus que se atopa no centro da cidade e queremos que a nosa presenza non sexa só arquitectónica, un dos nosos propósitos é que haxa un maior contacto coa nosa contorna”, sinala neste senso a decana da facultade, Silvia García, quen entende que esta xornada de celebración constitúe unha “excelente oportunidade para que a cidadanía acuda á facultade e vexa o que facemos”.

No programa de actos figuran por exemplo dúas visitas guiadas ás súas instalacións, ás 11.30 e ás 16.30 horas, ás que poderá acudir calquera persoa interesada, sen necesidade de inscribirse previamente.

Te puede interesar
Más en Universitas