ECONOMÍA

Cabo Verde consolida a mellora do seu sector mariño

gal01-1-_result
photo_camera Imaxe do rector coa representante de Cabo Verde nun intre da reunión

Unha delegación de representantes de Cabo Verde acudiu a Vigo para establecer un acordo de colaboración coa Universidade en personal docente e investigador

Unha localización estratéxica e posuír unha das zonas económicas exclusivas máis grandes de África Subsahariana fan de Cabo Verde un país abocado a sacarlle potencial á denominada economía do mar. Sen embargo, para seguir crecendo necesitaba crear un tecido docente e investigador no que apoiarse, un labor para o que o Campus do Mar converteuse no aliado estratéxico perfecto. Universidades de Vigo e Cabo Verde e Instituto Nacional para o Desenvolvemento das Pescas do país africano traballan xa na segunda fase dun protocolo de colaboración que arrancaba en 2012 para o desenvolvemento sostible do sector do mar a través do reforzo das institucións académicas e de investigación caboverdianas.


Unha delegación de representantes das entidades colaboradoras de Cabo Verde estiveron en Vigo nunha misión institucional e técnica para afondar nun proxecto que pretende contribuír ao desenvolvemento social, económico e ambiental do sector mariño costeiro deste país africano

Te puede interesar
Más en Universitas