UNIVERSITAS

O Campus de Ourense será hoxe o máis “Animado”

gal111_result
photo_camera Cartaz da actividade Campus Animado que se desenvolve hoxe en Ourense.

Un xogo de orientación dotará aos gañadores con 1.000 euros en premios

Coñecer os diferentes servizos e instalacións que ten á disposición do alumnado universitario o Campus de Ourense. Este é o principal obxectivo da actividade que organiza hoxe a Vicerreitoría en diferentes espazos do campus. Haberá música, demostracións, actividades deportivas e culturais, ademais de postos informativos, todo repartido en diversos espazos tomando como punto central o Edificio Politécnico e os distintos espazos abertos entre este e o Edificio de Ferro. Esta actividade, xa afianzada no campus, contará tamén cun xogo de orientación no que se fará entrega de mil euros en premios.

O horario da proba de orientación será de 10:00 a 14:00 horas. O alumnado das diferentes escolas e facultades poden inscribirse na actividade na que colabora a Asociación Limiactiva. Consiste en atopar cinco balizas repartidas polo campus grazas a outras tantas pistas. Todos os que completen correctamente o percorrido participarán nun sorteo de dez premios, que consistirán en vales por un valor cada un deles de 100 euros para mercar durante este curso nos diferentes establecementos que son habituais proveedores do Campus de Ourense.

OUTRAS PROBAS DEPORTIVAS

A biblioteca, a piscina e o pavillón de deportes universitarios tamén ofrecerán no marco deste Campus Animando unha xornada de portas abertas que lle permitirá aos membros da comunidade universitaria coñecer as súas instalacións e servizos. Na piscina tamén se desenvolverá unha sesión de aquagym, no Edificio Xuridico-Empresarial unha exhibición de rappel e no pavillón de deportes unha sesión de zumba e clases de ciclo indoor. O horario de cada actividade é diferente, co obxectivo de que os interesados poidan participar na maior cantidade posible de actividades.

Te puede interesar
Más en Universitas