UNIVERSITAS

A canteira de Telecomunicación amosa a seu potencial innovador

g1-1-_result
photo_camera Un momento da presentación pública de traballos en grupo de estudantes de 4º curso de Telecomunicacións.

Lpro Days, que este ano celebrou a súa segunda edición, consiste nunha presentación pública de traballos en grupo de estudantes de 4º curso

Arredor de 70 estudantes e 13 proxectos que serven para amosar as súas capacidades tanto tecnolóxicas como organizativas e para demostrar o que son quen de facer os alumnos e alumnas que este ano rematan o Grao en Enxeñaría de Telecomunicación. Detrás desta mostra está o profesor Carlos Mosquera, que decidiu o ano pasado converter a materia que imparte nun laboratorio real de proxectos. Divididos en grupos de cinco ou seis persoas e coa titorización de dous docentes, levan tres meses traballando nun produto, aplicación ou sistema innovador que será do que dependa a súa nota final. Nesta segunda edición do que se denomina LPRO Days o docente involucrou a 20 profesores do centro que axudan e avalían os traballos dos grupos e tamén introduciu algunhas novidades, xa que todos dos grupos son multidisciplinares, con estudantes de polo menos dúas especialidades do grao.

Comezaron coas presentación orais e días despois expuxeron os seus proxectos nos corredores do centro, atendendo as preguntas e dúbidas doutros compañeiros e docentes. Carlos Mosquera destaca que este tipo de iniciativas permiten mellorar competencias transversais como o traballo en grupo, a comunicación, etc, pero tamén lles “axuda a subir a autoestima, a comprobar o que son capaces de facer cos coñecementos que teñen”. O docente explica que o ano pasado, pese a ser a experiencia piloto, algunha das propostas transcendeu máis aló desta actividade e entrou na convocatoria de Galicia Open Future.n

Te puede interesar
Más en Universitas