O caracol mariño, clave para coñecer o proceso de formación de especies

gal1_result
photo_camera A Littorina saxatilis presenta un polimorfismo nas costas galegas con dúas variedades en proceso de especiación.

O Ministerio de Economía vén de outorgar financiamento para outro proxecto ao profesor Emilio Rolán Álvarez

A Littorina saxatilis é unha especie de caracol mariño que se pode atopar nas costas do Atlántico norte, dende Portugal ata Suecia. Pero nas costas galegas a Littorina saxatilis presenta un polimorfismo moi particular que é de moita utilidade para que os investigadores poidan determinar os procesos e mecanismos responsables da formación de novas especies. Neste eido leva traballando o profesor Emilio Rolán Álvarez dende comezos da década de 1990. Ao longo destas décadas, o grupo vigués estableceu unha rede de colaboración cos grupos de investigación das universidades de Gotemburgo (Suecia), Sheffield (Reino Unido) e Guelph (Canadá). O seu traballo reflectiuse en dous proxectos financiados polo Ministerio de Economía e Competitividade e veñen de recibir a confirmación dun terceiro.

Rolán explica que neste novo proxecto centraranse nas preferencias de apareamento dos polimorfismos da Littorina saxatilis en Galicia. Explica que se considera unha especie diferenciada cando a barreira reprodutiva é completa, polo tanto coñecer o nivel de illamento reprodutivo é básico para coñecer os mecanismos que fan xurdir novas especies. “Polo que temos investigado, ambas variedades do caracol mariño que se atopan en Galicia son xeneticamente idénticas no 97% pero dáse unha preferencia reprodutiva clara, pola que tenden a aparearse entre individuos da mesma variedade.

Te puede interesar
Más en Universitas