UNIVERSITAS

Comunicación para achegar a Universidade á sociedade

Por que universidades con séculos de historia non foron capaces de impulsar unha comunicación fluída coa súa contorna?", pregunta de  Ernesto Pedrosa

Por que universidades con séculos de historia non foron capaces de impulsar unha comunicación fluída coa súa contorna?”. Esta pregunta do presidente do Consello Social da Universidade, Ernesto Pedrosa, serviu para abrir a xornada de debate sobre as relacións entre a institución académica e á sociedade que o Consello Social promove en Ciencias Sociais e da Comunicación. Baixo un título, A comunicación necesaria, que “é hoxe máis pertinente ca nunca”, como salientou o vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, académicos, estudantes e expertos reflexionan este vernes sobre o que, segundo Pedrosa, suporá o “gran cambio” da Universidade do futuro, a potenciación dos seus vínculos coa contorna.

Neste senso, o papel dos medios de comunicación na difusión do labor que se desenvolve na institución académica ou a imaxe pública da Universidade son algúns dos eixos dunha xornada que o primeiro reitor, Luis Espada, abriu afondando na súa relación cos egresados e egresadas. Titulados que, segundo constata un estudo que presentará proximamente, amosan maioritariamente a súa vontade de manter unha liña de contacto e colaboración coa institución na que se formaron.

Te puede interesar
Más en Universitas