UNIVERSITAS

“A constancia é o segredo do éxito das ligas universitarias"

davidss_result
photo_camera David Pérez Pallas combina os seus estudos de Telecomunicacións coa arbitraxe.

David Pérez Pallas considera o deporte "como unha forma de vida"

David Pérez Pallas é alumno de 4º curso de Telecomunicacións e árbitro de 2ª División de fútbol. Aínda que na actualidade non participa en ningunha das ligas universitarias que organiza o Servizo de Deportes da Universidade, por unha cuestión de falta de tempo e polo risco de sufrir lesións, hai uns anos xogaba nun equipo de fútbol 7 e valora esta experiencia como moi enriquecedora.

Qué opina de iniciativas como a Liga Fair Play?

Creo que é unha das múltiples propostas interesantes que oferta o Servizo de Deportes. Trátase dunha iniciativa onde se lle da importancia aos verdadeiros valores do deporte (o compañeirismo no caso dos deportes en equipo, a aposta por unha vida saudable, a diversión, etcétera). Considero que moitos colectivos ou entidades deberían apostar por actividades nas que se valore o xogo limpo.

Cál cree que é a clave do bo funcionamento destas ligas universitarias?

Sen dúbida a firme aposta que se fai curso tras curso por esta iniciativa. A constancia é a clave e conseguiron o obxectivo: que a xente sinta o deporte como unha forma de vida. Ademais de divertirse e facer amigos os que particitpan poden adicarlle unhas horas ao día para liberarse dos estudos e dende o Servizo de Deportes o ofertan así, como un complemento de cara aos estudos que sempre é positivo.

Dende a súa experiencia como árbitro, cree que en xeral se aposta polo “Fair Play"?

Hai que diferenciar cando se compite a nivel profesional e cando non. Eu considero que competir é importante, pero non a calquer prezo. A nivel profesional marcamos tanto as regras que se tende a un xogo limpo. No caso das ligas universitarias é diferente, a xente vai pasalo ben, compartir momentos de ocio cos amigos, facer deporte e, en definitiva e co paso nos anos, o que queda é este lado do deporte e o que verdadeiramente importa, o humán.n

Te puede interesar
Más en Universitas