A CITA SERá O 19 DE NOVEMBRO E PODE PARTICIPAR TODO O MUNDO

Conta atrás para unha nova gala do Deporte Universitario

Un momento da pasada Gala do Deporte Universitario, nesta ocasión en Pontevedra.
photo_camera Un momento da pasada Gala do Deporte Universitario, nesta ocasión en Pontevedra.

A cita será o 19 de novembro e poder participar todo o mundo.

Un ano máis o esforzo, a constancia, o afán de superación ou o traballo en equipo veranse recoñecidos na que será a XXIV Gala do Deporte Universitario, que este ano se celebra en Vigo. A cita será o 19 de novembro, a partir das 20.00 horas no Centro Social Afundación. 

O certame, organizado polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, conta esta edición cunha novidade salientable xa que por primeira vez haberá unha distinción para as entidades que contribúen e apostan polo deporte base. O premio deste ano irá destinado ao Club de Ximnasia Acrobática Flic Flac.

Como cada ano, a gala contará con múltiples actuacións e entretementos que convertirán este evento nun certame ameno e divertidido, que nesta ocasión estará presentado pola xornalista Noelia Otero.

Non faltará tampouco os Premios Excelencia Deportiva, que se outorgan dende hai xa seis anos e cos que se pretende premiar a todos aqueles que mellor compaxinan os seus estudos co deporte. Serán tres mozos e tres mozas os galardoados con este recoñecemento, entre eles xogadores de balonmán de élite, atletas, nadadores, etcétera. 
Dende o Servizo de Deportes convida a todo o mundo a participar neste evento, sexan ou non membros da comunidade universitaria xa que se trata dunha cita aberta a todos.
Da pasada edición destacan recoñecementos como o da taekwondista Lara Ouviña, a triatleta Aida Valiño ou o nadador Marc Ciurana, entre moitos outros deportistas que viviron unha intensa gala chea de sorpresas.

Te puede interesar
Más en Universitas