CAMPAÑA DE IGUALDADE

Creando paisaxes de liberdade nos espazos de igualdade

A Unidade de Igualdade promove o rexeitamento da violencia e de calquera forma de desigualdade.

Construír paisaxes de igualdade, espazos liberados e liberadores, lugares de traballo libres de imposicións de xénero e nos que se aposte pola convivencia para amosar o rexeitamento a calquera forma de desigualdade.

Este é o obxectivo da nova campaña da Unidade de Igualdade co gallo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero para visibilizar o compromiso institucional coa igualdade e contra as violencias. Anabel G. Penín, directora da unidade, explica que “a violencia de xénero é a cúspide do iceberg da desigualdade entre mulleres e homes nas nosas sociedades, unha violencia que ten moitas formas de expresarse a unha única causa, o feito de ser muller”.

A campaña, deseñada por As Artísticas, comprende a distribución de cartelería en todos os servizos e centros e a comunidade universitaria en xeral para que sexan colocados nos lugares de traballo, estudo e convivencia como xeito para amosar o rexeitamento á desigualdade e para reivindicar e defender os espazos de liberdade.n
 

Te puede interesar
Más en Universitas