UNIVERSITAS

Crimes e misterios na lingua de Rosalía

Obras de Suso de Toro, Domingo Villar ou do escritor e profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Miguel Anxo Fernández integran a mostra instalada na entrada desta biblioteca.

 Ademais dos manuais de referencia e publicacións científicas ás que recorren con frecuencia estudantes e investigadores, existen na Biblioteca Central do Campus outros moitos libros, máis relacionados co pracer pola lectura que coa formación da comunidade universitaria nun sentido estrito. Por iso, co obxectivo de dar maior visibilidade a todo aquilo que moitas veces permanece oculto nos seus estantes, desde este servizo promoven neste mes de maio a exposición Bcpnegra galega, unha mostra conformada por máis de medio cento de títulos do xénero máis demandado por aqueles usuarios e usuarias que len por puro pracer, a novela negra, todos eles escritos por autores e autoras galegas.


Obras de Suso de Toro, Domingo Villar ou do escritor e profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Miguel Anxo Fernández integran, xunto con algúns exemplares de banda deseñada, a mostra instalada na entrada desta biblioteca. Unha mostra que, como sinala a súa directora, Laura González, “non é a típica exposición bibliográfica, senón unha selección de libros que pretende visibilizar os fondos que existen nesta biblioteca”.

Te puede interesar
Más en Universitas