UNIVERSITAS

A criptografía cuántica tende pontes entre Vigo e Xapón

gal1-1-_result
photo_camera Os investigadores xaponeses xunto o profesor Marcos Curty.

Investigadores nipóns colaboran coa Escola de Telecomunicacións en proxectos sobre seguridade nas comunicacións

A criptografía cuántica proporciona seguridade absoluta para as comunicacións e non pode ser vulnerada nin sequera por un atacante que dispuxese de toda a capacidade computacional do Universo. É dicir, son sistemas que non poden ser rotos. Por iso, nun mundo onde o tráfico de información delicada ou comprometida é crecente a través de internet, gobernos e institucións traballan para crear redes seguras de comunicación empregando estes protocolos. Na cidade de Tokio creouse en 2010 unha rede metropolitana de criptografía cuántica pioneira no mundo, na que participan diversas empresas de comunicacións xaponesas e internacionais xunto con varios centros de investigación como, por exemplo, o NICT, NEC, Mitsubishi Electric, NTT, Toshiba Research Europe e ID Quantique.

Dous dos investigadores de NTT, Kiyoshi Tamaki e Koji Azuma, levan varios anos colaborando co profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e investigador de AtlantTic Marcos Curty. Ao abeiro dos seus traballos conxuntos, ambos científicos nipóns están esta semana no campus de Vigo para ofrecer varios relatorios e avanzar no traballo conxunto que levan a cabo para a demostración matemática da seguridade de varios sistemas de criptografía cuántica. Para Kiyoshi Tamaki esta non é a primeira visita a Vigo, pero si o é para Koji Azuma.

Te puede interesar
Más en Universitas