ENTREVISTA

Deporxest, todas as reservas e xestións deportivas a un click

20161004095507687_result
photo_camera Eduardo Rodríguez, responsable das instalacións deportivas do Campus de Vigo.

Eduardo Rodríguez convida a todo o mundo a visitar a web www.deportes.uvigo.es

A Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo conta cunhas instalacións deportivas en continua renovación e cun destacado material e equipamento para a realización das actividades, pero esto non é todo, xa que dende este servizo traballan tamén na mellora da xestión das aplicacións, as reservas, os manteñementos e a información das mesmas. Para falarnos da plataforma de reservas online, o técnico de Deportes e responsable das instalacións deportivas do Campus de Vigo, Eduardo Rodríguez, explica en profundidade que é Deporxest.

Fálenos das instalacións deportivas da Universidade de Vigo, como son?
A Universidad de Vigo conta cunhas amplas instalacións deportivas nos tres campus.  Cabe salientar que son unhas intalacións que pode utilizar todo o mundo, tanto membros da comunidade universitaria como persoas alleas. As primeiras teñen uso gratuíto na reserva das instalacións e as segunda importantes descontos. É salientable tamén o amplo horario que se oferta todos os días.

¿Qué é Deporxest?
Unha parte moi importante do noso cometido é a mellora da xestión das instalacións. Para elo contamos coa nosa aplicación online que se chama Deporxest. A aplicación dispón dunha parte interna, onde reunimos a información das actividades, as competicións, as instalacións e todo o relacionado coas matrículas e reservas para que os usuarios e usuarias, xa na parte externa, poidan realizar online as xestións de matrículas, inscricións de actividades, informacións e inscricións das competicións internas e campionatos, así como a reserva das instalacións.
 
Como se pode realizar a reserva das instalacións?
Soamente hai que entrar co login e contraseña en www.deporxest.uvigo.es, ou darse de alta ao entrar. Depois hai que abrir o menú de instalacións e escoller o campus onde se quere facer a reserva e nese momento xa se abre un despregable coa información das modalidades que se poden reservar e horarios libres de cada semana nas distintas modalidades. Soamente hai que escoller un horario e confirmar a reserva gratuíta, no caso dos membros da comunidade universitaria, ou realizar o pago directamente coa tarxeta de crédito ou imprimindo unha folla de pago para abonar no banco, no caso das persoas alleas á Universidade.

Qué máis se pode facer en Deporxest?
Pódese acceder aos abonos, instalacións, actividades, competicións, unidades de saúde, etcétera. Dende aquí convido a todo o mundo a visitar a web www.deportes.uvigo.es e así coñecer todas as actividades que realizamos e tamén acceder a Deporxest. Todo é moi sinxelo e merece a pena polas vantaxes que ofrece.

Te puede interesar
Más en Universitas