UNIVERSITAS

Deseño do primeiro máster de xadrez universitario estatal

_g1_result
photo_camera Silvio Danailov, Salustiano Mato e Pablo Martín durante a rolda de prensa.

Institución e federación buscan a complicidade da Xunta para aprobalo e impartilo

A Comisión de Educación e Deporte do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade o pasado mes de febreiro unha proposición non de lei que insta ao goberno a implantar o programa Xadrez na Escola no sistema educativo español de acordo coas recomendacións do Parlamento Europeo. Apenas un mes despois, os principais impulsores desta iniciativa, o deputado do Partido Socialista Pablo Martín e o presidente de honra da Federación Europea de Xadrez Silvio Danailov, mantiveron unha xuntanza de traballo coa comunidade universitaria viguesa encabezada polo reitor, Salustiano Mato, na que se anunciou que, tal e como xa se viña planificando desde hai arredor dun ano, a Universidade de Vigo será a primeira universidade española na que se imparta un mestrado en xadrez, converténdose así “na referencia de todas as universidades españolas na implantación deste deporte nas escolas”, recalcou o deputado socialista, promotor da proposición no Congreso.

“Vigo convértese así nunha das principais institucións que axudará a dar impulso a unha iniciativa que imos apoiar tanto desde o punto de vista académico como institucional”, subliñou Mato nunha rolda de prensa na que aproveitou para loar os “nobres valores, tanto no aspecto máis deportivo, como tamén no académico”, dun deporte ao que Danailov se referiu como “mestura de cultura, ciencia e educación”.n

Te puede interesar
Más en Universitas