UNIVERSITAS

O enxeñeiro que levou a Universidade á Escola Naval

gal1 (1)_result
photo_camera Pousada é desde 2009 o director do Centro Universitario da Defensa.

José María Pousada, director do CUD, será premiado na XX Noite Galega das Telecomunicacións

“As TIC (Tecnoloxías de Información e da Comunicación) están en todas partes, son ferramentas ao servizo de calquera ámbito social ou profesional”, destaca o enxeñeiro de Telecomunicación e director do Centro Universitario da Defensa (CUD), Jose María Pousada.

Precisamente pola súa contribución á difusión das TIC, o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia entregaránlle, o vindeiro venres 25 de setembro, o premio Enxeñeiro do Ano 2015 a este profesor da Universidade de Vigo, que en 2009 asumiu o “reto profesional” de pór en marcha o centro universitario da Escola Naval Militar de Marín. Precisamente, a escola celebrou o venres o inicio dun novo curso para os 312 estudantes que aspiran a converterse ao mesmo tempo en oficiais da Armada e graduados e graduadas en Enxeñaría Mecánica pola Universidade de Vigo.

Nesa “transversalidade” que as fai estar presentes en calquera ámbito da sociedade, “da medicina ao propio mundo militar”, sitúa Pousada a importancia dunhas tecnoloxías a cuxo desenvolvemento nas últimas décadas en Galicia contribuíron en gran medida os titulados e tituladas formados na Escola de Enxeñaría en Telecomunicación, da que foi director entre 2003 e 2009. “Hai enxeñeiros e enxeñeiras en Telecomunicación por todos lados”, sinala este docente.

Te puede interesar
Más en Universitas