UNIVERSITAS

Un exemplo de transferencia feito con madeira

_gal2_result
photo_camera Corbacho, Fouces e Gómez-Juncal, na presentación.

O CIFP A Xunqueira acolleu a presentación da edificación 'O Lecer', do proxecto 'Constrúe en verde'

Alumnado e profesorado do CIFP A Xunqueira, veciños da Parda, empresas do sector da construción e da madeira, profesionais... Foron moitos e moitas os que se sumaron a "Constrúe en verde" un proxecto impulsado pola Vicerreitoría do campus e o Concello de Pontevedra no marco do programa Tangram. Deseñar e construír unha pequena edificación que dese resposta a unha necesidade veciñal, implicando nela á comunidade universitaria e a cidadanía, era o propósito dunha iniciativa que xa está preto de converterse nunha realidade, como puideron comprobar os participantes na presentación dunha pequena caseta que é ao mesmo tempo, “un exemplo de transferencia”, como salientou o vicerreitor, Juan Manuel Corbacho.

“Esta é unha idea que nace da colaboración institucional e que foi crecendo ata converterse nunha realidade, nalgo que na Universidade chamaríamos transferencia, converter ideas nunha realidade que chega á sociedade”, destacou Corbacho no acto que celebrou o CIFP da Xunqueira. Alí, representantes de boa parte das institucións e empresas implicadas na iniciativa puideron comprobar como, da man do alumnado e profesorado do Departamento de Madeira e Moble, o deseño gañador do concurso de ideas convocado meses atrás, O Lecer, atópase preto de converterse nunha realidade. O avanzado grao no que se atopa a construción desta caseta fai prever que en poucos meses poida trasladarse ao seu emprazamento definitivo, unha zona verde do barrio da Parda.n

Te puede interesar
Más en Universitas