UNIVERSITAS

De que falamos cando falamos de correr?

atletasg1_opt

Un libro no que aborda as súas experiencias como corredor e como este deporte influíu na súa vida e na súa escritura do escritor xaponés Haruki Murakami

 No ano 2007 o escritor xaponés Haruki Murakami publicou "De que falo cando falo de correr", un libro no que aborda as súas experiencias como corredor e como este deporte influíu na súa vida e na súa escritura. Como Murakami, Rosa Pérez, decana da Facultade de Filoloxía e Tradución; Luis Olivares, técnico especialista en TIC dos Servizos Informáticos; Rafael Ameneiro, PAS en Secretaría de Xerencia e Antonio Fernández, profesor do Departamento de Deseño na Enxeñaría son catro veteranos atletas do campus de Vigo que a cotío saen a correr e participan en diferentes probas deportivas, entre elas varias edicións da Cidade Universitaria 10km , que este ano celebra a súa novena edición. Autodefínense como corredores, foxen de termos de moda como "running" ou "runners", tampouco se consideran runnoréxicos, aínda que recoñecen que é un deporte que crea adicción, e falan con paixón del e dos beneficios que supón a súa práctica.


O 26 de abril é unha data marcada en vermello no calendario destes atletas. Ese día o campus acollerá a novena edición da HappyGoRunning. Ningún deles dúbida que esta é unha boa cita para aquelas persoas que queiran comezar con este deporte.

Te puede interesar
Más en Universitas