GOBERNO DA UNIVERSIDADE

A falta de quórum obriga a adiar o Claustro

A celebración do Claustro da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra terá que agardar pola falta de consenso

A celebración por primeira vez do Claustro da Universidade de Vigo no campus de Pontevedra terá que agardar aínda uns días, despois de que a sesión convocada para o pasado mércores tivese que ser adiada ao non reunirse no salón de actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación o número mínimo de claustrais necesario para a súa celebración.

Finalmente foron 61 os integrantes do máximo órgano de goberno da institución académica que acudiron á sesión, 9 menos do mínimo necesario para poder levala a cabo, segundo estipula o seu regulamento, que indica que en segunda convocatoria é preciso reunir a un terzo do total de membros cos que conta actualmente o órgano, neste caso 70 de 210.

Tras adiar durante preto dunha hora o inicio da sesión co obxectivo de reunir o quórum necesario, a mesa do Claustro viuse obrigada a tomar a decisión de suspender a sesión, que será convocada nun prazo aproximado de 15 días. Neste senso, o reitor, Salustiano Mato, apuntou que “os claustrais teñen a obriga de desculpar a súa obriga previamente”, trámite que formalizaron un total de 46.

Te puede interesar
Más en Universitas